CRTVG

Buscar

Catro feridos, dous deles graves, nun accidente en Toén

Publicado o 09/12/2019 21:15

Catro persoas quedaron feridas nun accidente de tráfico ocorrido esta tarde na autovía das Rías Baixas. Foi pasadas as cinco e media no termo municipal de Toén. Un turismo que viaxaba en sentido a Benavente, con catro ocupantes, botouse fóra da estrada e envorcou. Dous dos ocupantes saíron do coche polo seu propio pé, pero os outros dous tiveron que ser trasladados en ambulancia.

Noticias web

09/12/2019