CRTVG

Buscar

Catro familias de feirantes de Benavente, confinados nas súas vivendas móbiles en Verín

Publicado o 08/04/2020 16:33

A catro familias de feirantes de Benavente o estado de alarma pillounos en Verín.
Chegaron no entroido e tiveron que quedar. Agora están confinados nas súas vivendas móbiles 

O azar quixo que o inicio do estado de alarma pillara en Verín estas catro familias de feirante zamoranos, 25 persoas en total, delas varios rapaces.

Desde ese día, permanecen confinados nas súas caravanas móbiles que estacionaron nun terreo que lles cedeu temporalmente un veciño da vila.

"Estámoslle moi agradecidos porque desde hai moitos anos cédenos a parcela para que poidamos estar máis cómodos e máis seguros."

Chegaron a Verín para instalar as súas atraccións no Entroido e quedaron xa para as festas do Lázaro.
No que vai de corentena xa viron como lles cancelaban catro feiras.

Amalia Costich: "Estamos tirando de aforros e de pedir un pouco á familia, a ver quen pode prestarnos, tamén se lles podemos prestar nós, é un pouco esta situación".

Na vila verinesa celebrou esta semana a máis pequena do grupo, Silvana, o seu cuarto aniversario cunha sorpresa a cargo da Garda Civil e de Protección Civil locais, que fixeron soar o Feliz aniversario en versión do grupo infantil Parchís.

Noticias web

08/04/2020