CRTVG

Buscar

Nove falecidos e varios desaparecidos tras as fortes riadas en Mallorca

Publicado o 10/10/2018 13:12

• A intensa choiva inundou o municipio de Sant Llorenç

• A UME despraza un centenar de militares, vehículos e helicópteros

• A chuvia colapsa as rúas e o transporte público en Barcelona

 

Aumenta a nove a cifra de vítimas mortais a consecuencia das intensas choivas rexistradas na zona do Levante de Mallorca. Segundo fontes da Garda Civil, o último falecido localizado é un varón que estaba nunha zona próxima ao torrente. 

Esta mañá, os equipos de rescate localizaron unha sexta vítima dos desbordamentos dos torrentes na comarca do Levante de Mallorca, despois de que fora atopada unha quinta vítima mortal en S'Illot, no municipio de Son Servera. 

O Servizo de Emerxencias 112 confirmou a madrugada deste mércores unha cuarta vítima mortal no municipio mallorquino de Sant Llorenç como consecuencia das inundacións causadas pola intensa choiva. A vítima é unha muller que foi localizada sen vida por efectivos da Garda Civil na súa vivenda.

Outra das vítimas é unha persoa de idade avanzada e mobilidade reducida que foi achada no soto do seu domicilio na rúa Ordinas, segundo indicaron fontes da Consellería de Facenda e Administracións Públicas.

Preto da medianoite, desde o 112 confirmaron unha segunda vítima, mentres que minutos antes das 2.00 da madrugada informaron da localización dunha terceira persoa sen vida. Sobre estas dúas últimas non facilitou máis información respecto diso.

Na zona despregouse un amplo dispositivo composto por máis dun centenar de efectivos de distintos corpos de urxencia, aos que este mércores se sumarán militares da Unidade Militar de Emerxencia (UME). Segundo datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), na zona rexistráronse 220 litros por metro cadrado, con choiva cada vez máis intensa a partir das 19.00 horas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2018