CRTVG

Buscar

Condenan a 18 meses de prisión catro integrantes da Manada por abusos sexuais en Pozoblanco

Publicado o 04/06/2020 21:26

O titular do xulgado número 1 de Córdoba deulle validez ao vídeo que gravaron os condenados o día dos abusos, na madrugada do 1 de maio de 2016 en Pozoblanco. As imaxes atopounas a Policía Foral de Navarra nos telefónos móbiles dos acusados cando xa foran detidos pola violación doutra moza durante as festas de San Ferrmín.

Pero o maxistrado considera que non se violou o seu dereito á intimidade e que a actuación dos axentes estaba xustificada. Condena a catro membros de La Manada (o quinto non participou nos feitos) a un ano e seis meses de prisión por abusar sexualmente da rapaza Córdoba.

A esa pena hai que sumar a que lles impón por gravar e difundir os abusos; tres anos para o autor d gravación, José Ángel Prenda, e un ano e tres meses para os outros tres por colaborar. Ademais, Cabezuelo, o ex-militar, deberá pagar unha multa por agredir a vítima cando negou a facerlle unha felación.

Patricia Catalina, avogada da acusación popular "Ela é a primeira que considera que isto é demasiado barato, cunha pena tan baixa o único que se está conseguindo é que as manadas poidan actuar, se me permites, con certa impunidade"

Con esta nova condena, Cabezuelo e Guerrero, militar e Garda Civil, suman máis de 20 anos de prisión. E José Ángel Prenda achégase aos 19 anos.
 

Noticias web

04/06/2020