Catro detidos pola malleira a outro mozo á saída dun bar en Madrid
Publicado o 12/08/2021 08:51

Tres homes e unha muller de entre 21 e 25 anos foron detidos en relación a unha malleira a outro mozo á saída dun bar. A vítima sufriu fracturas nas pernas e na cabeza e precisou hospitalización urxente. Os feitos sucederon en Madrid, hai un mes. Neste tempo, a policía nacional identificounos como presuntos autores dun delito de tentativa de homicidio.
Ao parecer, agrediron o rapaz cun bate de béisbol e un lastro da vía pública. Entre os detidos, algún era coñecido da vítima.