Catro detidos en Vietnam vencellados coa morte de inmigrantes no camión de Essex
Publicado o 28/10/2019 19:13

As autoridades de Vietnam detiveron catro persoas e buscan unha quinta pola súa suposta relación coa morte de 39 inmigrantes amoreados no remolque dun camión localizado a semana pasada en Essex, no leste de Inglaterra.
Os arrestados, de entre 40 e 60 anos, están acusados dun delito de tráfico de persoas.
Todos eles están relacionados cunha axencia que xestionou a saída ao estranxeiro para traballar de 400 cidadáns vietnamitas desde 2015.