CRTVG

Buscar

Catro detidos en Ourense por ata 25 roubos en negocios de Xinzo, Trasmiras e Allariz

Publicado o 08/11/2018 14:24

Ingresan en prisión dous dos catro detidos en Ourense como presuntos autores de ata 25 roubos en negocios de Xinzo de Limia, Trasmiras e Allariz.

Subtraían coches na rúa que despois esnafraban contra as portas de talleres ou naves para perpetrar os roubos. Nunha mesma noite chegaban a asaltar ata media ducia de locais. Ían sobre todo por cartos, pero tamén marchaban coas baterías dos vehículos.

A Garda Civil levaba máis dun mes seguíndolles os pasos. Son catro homes, dous de Xinzo, un de Madrid e outro de Ourense. Dous deles ingresaron xa no cárcere do Pereiro de Aguiar. Os outros dous quedaron en liberdade como investigados.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018