CRTVG

Buscar

Catro detidos en Navarra por pornografía infantil, agresión e abuso sexual a menores

Publicado o 13/01/2018 11:39

Operación en Navarra contra a pornografía infantil. Hai catro detidos e outras dúas persoas están sendo investigadas. A colaboración cidadá puxo en alerta aos axentes da Garda Civil. Nun primeiro momento detiveron unha parella. Un home de 37 anos,  como presunto autor de agresións e abusos sexuais a menores de 16 anos. El mesmo elaboraba o material pornográfico e encargábase da distribución. A súa muller de 44 anos foi detida como cómplice. As investigacións levaron ata os outros dos detidos, receptores dos arquivos pornográficos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2018