CRTVG

Buscar

Catro detidos en Madrid por condución temeraria e atropelo a un motorista

Publicado o 28/02/2021 21:18

Unha persecución de película polo centro de Madrid acabou con catro detidos e cinco feridos leves. Todo aconteceu cando un coche circulaba de forma temeraria pola capital de España. Unha patrulla da policía tratou de darlle o alto pero, ao ver que non mudaba de actitude, varios coches policiais cortáronlle o paso na rúa de Serrano. Tras impactar contra eles, o coche dos infractores intentou fuxir pola beirarrúa, onde chocaron contra unha farola e varios pivotes. Durante a fuxida o coche dos atropelaron un motorista. Os axentes evitaron que os agora detidos, tres deles menores, puidesen fuxir a pé.



 

 

Noticias web

28/02/2021