CRTVG

Buscar

Outros catro partidos de sanción a Fernando Vázquez

Publicado o 13/07/2020 19:32

• Competición trasladoulle ao Estremadura a reclamación do Dépor por aliñación indebida

Outros catro partidos de sanción a Fernando Vázquez

O Comité de Competición sanciona a Fernando Vázquez con outros 4 partidos por "dar instrucións desde a bancada". En total son 9 os partidos de sanción que leva acumulados Fernando Vázquez. Ademais, Competición dálle ao Estremadura ata mañá ás 2 da tarde para alegar.

O Dépor denunciou o club estremeño por aliñación indebida por ter no campo só 6 xogadores do primeiro equipo durante apenas uns segundos. O sétimo estaba sendo atendido na banda e os outros catro eran do filial.