CRTVG

Buscar

Catro concellos máis no nivel máximo de alerta por infectados por coronavirus

Publicado o 25/10/2020 21:39

Continúa en ascenso o número de concellos que pasan a nivel de alerta vermella, tendo en conta o número de casos de coronavirus detectados neles. Son 31 este domingo, dous máis ca onte. Entrarían na listaxe Carballo e Vimianzo, ambos da área sanitaria da Coruña-Cee; O Porriño, pertencente á área sanitaria de Vigo, e na de Ourense volvería ao nivel máximo de alerta O Barco de Valdeorras, que xa estivera en vermello en días anteriores.

Baixan a alerta dous municipios da área sanitaria de Santiago. Ordes e Mesía pasan este domingo a nivel de alerta laranxa. Canto ás sete cidades, non hai cambios, están todas en nivel vermello, agás A Coruña, que, coma onte, segue en laranxa, o nivel previo á alerta máxima.

Noticias web

25/10/2020