CRTVG

Buscar

Catro concellos de Pontevedra quedan sen piscinas públicas pola covid

Publicado o 15/06/2021 13:57

Os veciños de Salceda de Caselas asumen que este será o seu segundo ano sen piscina. Moitos non o entenden, sobre todo os que teñen fillos, e aos que conciliar lles vai custar aínda máis. 

Os alcaldes de Salceda, Salvaterra, Mondariz e Tui acordaron non abrir as piscinas porque se manteñen as reducións de ocupación pola pandemia do verán pasado. A maiores, este ano engádese a obriga de establecer quendas con reservas de cita previa, e desinfectar todo logo de cada uso. Cren que complicará o lecer e multiplicará os gastos.

A medida conta con detractores, pero tamén con partidarios. Quen máis quen menos ten un plan B. Pois no río, na praia ou na casa, nos catro concellos terán que aturar como poidan as altas temperaturas.

 

Noticias web

15/06/2021