Catro casos activos máis de coronavirus en Galicia, con repunta na Mariña
Galicia suma catro casos activos de coronavirus máis ca onte, co que o número total se sitúa en 317. Chama a atención o aumento de 12 casos na área sanitaria de Lugo, que é a que xestiona o brote da Mariña. Tamén houbo un incremento de tres casos activos na área da Coruña.
Pola contra, en Vigo descenderon en seis os casos (agora ten 122). Pontevedra é a área menos afectada, ao quedaren só seis enfermos detectados.
Hoxe hai ingresada unha persoa máis a causa do virus: son catro en total, pero ningunha delas en coidados intensivos. O Sergas dá por curados outros 16 pacientes, co que a cifra total é de 10.649.
ÚLTIMA HORA | Catro casos activos máis de coronavirus en Galicia, cunha nova repunta na Mariña | https://t.co/KxsUcPCHz3 pic.twitter.com/jqkMWQLF90
— G24 (@G24Noticias) July 2, 2020