CRTVG

Buscar

Catro campos, trinta xogadores, seis do filial no regreso do Celta ao traballo

Publicado o 10/05/2020 20:58

 As instalacións da Madroa están xa preparadas para recibir a trinta xogadores espallados por catro campos. Ninguén do primeiro equipo deu positivo nos primeiros test do Covid-19...e co filial xa de vacacións mañá presentaranse en sociedade o extremo ganés Yaw Yeboah, veloz e con clase. Un todocampista como Jacobo González, o polivalente defensa José Fontán, o centrocapista distribuidor Sergio Bermejo, o gardaredes serbio Dragan Rosic e o potente diantero Javi Gómez.

"O que lle poden aportar estes xogadores é a oportunidade de estar preparados ante posibles contratempos que xurdan na competición", explicou o analista da TVG, Fredi Álvarez.

Malia as súas intermitencias, sobresae entre todos eles o futbolista manicho cedido polo Numancia. Un extremo con gol.

"Yeboah é un xogador que pode aportar desborde e velociade", sinalou Fredi.

E ollo con Javi Gómez, se marca nos adestramentos goles coma este que lle facturou ao Raio Majadahonda co filial, quen sabe se poderá ter un oco no primeiro equipo.

Noticias web

10/05/2020