CRTVG

Buscar

Catro barcos de Burela ultiman os preparativos para a costeira do bonito

Publicado o 29/05/2019 14:38

Estes son días de cambios e de moito atafego no porto de Burela. Chegou o tempo da costeira do bonito e toca cambiar de aparellos e preparar os barcos para saír.

Con todo, esta pesquería tradicional xa non é o que era. Entre finais dos 70 e a década dos 80 supuxo o pulo económico desta localidade, pero nos últimos anos minguou moito o número de embarcacións locais que participan e nesta campaña só está previsto que saian catro barcos.

A costeira perdeu interese para os barcos de maior tamaño debido á melloría doutras pesquerías. Outros factores disuasorios son a presenza de arrastreiros peláxicos doutros países e que cada vez as campañas rematan máis cedo.

Na pasada campaña comercializáronse no porto de Burela 1.100 toneladas de bonito, que xeraron un volume de negocio de 4,5 millóns de euros.

Noticias web

29/05/2019