CRTVG

Buscar

Catro arrestados nunha noite en Vigo por violencia machista

Publicado o 11/10/2021 11:45
Catro arrestados nunha noite en Vigo por violencia machista

Catro arrestados en Vigo nunha soa noite acusados de violencia machista. Os homes detidos teñen idades comprendidas entre os 24 e os 31 anos.

Nestas actuacións houbo unha gran despregadura policial. As dúas primeiras tiveron lugar en domicilios da rúa Urzáiz. Foron os veciños de senllos inmobles os que alertaron as forzas de seguridade despois de escoitaren fortes discusións no interior dos pisos. Dáse a circunstancia de que en ambos os casos as vítimas negáronse a denunciar os supostos agresores a pesar de presentaren lesións visibles e de contaren con testemuñas dos maltratos.

O terceiro caso deuse na rúa Areal, onde unha parella protagonizou unha forte liorta. Desta vez ambos foron arrestados. E na rúa Progreso unha muller foi supostamente agredida pola súa parella tras unha discusión por celos. O home atacouna primeiro nun local de ocio e despois no domicilio que comparten.

Está previsto que todos os arrestados presten declaración hoxe nos xulgados de Vigo.

Noticias web

11/10/2021