CRTVG

Buscar

Catro alcaldes galegos gobernarán sen oposición ningunha

Publicado o 28/05/2019 11:37
Catro alcaldes galegos gobernarán sen oposición ningunha

Manuel Prado, alcalde de Beariz, nunha imaxe de arquivo

Velaquí a listaxe dos alcaldes con maior porcentaxe de voto en Galicia. Encabeza a lista o rexedor de Beariz, Manuel Prado, que arrasa con case un 90% dos votos. Tanto el coma os alcaldes de Quintela de Leirado, Vilar de Santos e Vilarmaior formarán parte dunha corporación municipal cun único partido. Gobernarán sen oposición de ningún tipo. O caso de Vilarmaior é singular, así e todo: é o único concello onde só se presentou ás eleccións un único partido, o PP.