CRTVG

Buscar

Catorce peritos declaran na penúltima xornada do xuízo do caso Arandina

Publicado o 27/11/2019 14:15

Na Audiencia Provincial de Burgos continúa o xuízo contra tres ex-xogadores da Arandina acusados de agredir sexualmente unha menor.

Os catorce peritos citados nesta quinta xornada tratarán de trazar o perfil psicolóxico da vítima e os acusados, para os que o fiscal solicita penas de prisión que suman 118 anos.A primeira en declarar nesta quinta sesión do xuízo, que se celebra a porta pechada ao ser a vítima menor de idade, foi a psicopedagoga que atendeu a pequena.

Despois farano os 13 peritos restantes, seis deles declararán por videoconferencia. Cos seus tetemuños tratarase de trazar o perfil psicolóxico da vítima e os tres acusados, ex-xogadores da Arandina Club de Fútbol.

Outro xogador deste equipo burgalés, que estaba no piso a tarde da suposta agresión, declarou na sesión de onte que non observou nada raro.

Versión distinta ofreceu outra menor que ratificou que a vítima lle dixo tres días despois da suposta agresión que os tres acusados a obrigaron a manter relacións sexuais.

A Fiscalía solicita para os tres mozos penas que suman os 118 anos de cárcere ao considerar que cada un deles é culpable dun delito de agresión sexual e dous de colaboración necesaria ao actuar en grupo.

Noticias web

27/11/2019