CRTVG

Buscar

Catorce mortos, un deles menor, nun accidente aéreo na selva colombiana

Publicado o 10/03/2019 11:22

Accidente aéreo tamén en Colombia este sábado. Morreron os 14 ocupantes da aeronave, entre eles un menor de idade. Estas son as primeiras imaxes tras o sinistro, cos restos do fuselaxe ardendo.

Todo parece indicar que o avión, un DC3 da liña aérea Láser, que comunicara pouco antes a situación de emerxencia, se incendiou nada máis tocar terra nesta zona da selva Colombiana, na provincia de Meta. Algunhas testemuñas destacan o mal tempo na zona no momento do sinistro.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/03/2019