CRTVG

Buscar

Catorce meses de cárcere por espiar as mensaxes dunha amiga co avogado do marido

Publicado o 13/08/2019 17:56
Catorce meses de cárcere por espiar as mensaxes dunha amiga co avogado do marido

Unha muller foi condenada a 14 meses de cárcere por coller o móbil dunha coñecida para ler as ensaxes que esta tiña co avogado do seu marido, do que se estaba divorciando, e enviar as conversacións ao seu correo electrónico.

Os feitos remóntanse a agosto de 2014 mentres ambas presenciaban un partido de tenis en Oleiros, e foi nesa xornada cando a acusada, aproveitando que nese momento a vítima non estaba, colleu sen permiso, segundo reza o fallo da Audiencia Provincial da Coruña, o seu móbil.

Así,e en base á resolución divulgada á prensa, a acusada leu a conversación confidencial que o letrado do seu aínda marido mantivera coa titular do teléfono co obxectivo de decatarse ben do que "a ela e ao descrito preito puidese afectar" e entón enviouse o "contido íntegro" das charlas á súa conta de correo electrónico.

Os feitos puideron quedar constatados, reflicte a sentenza, grazas ademais a dúas testemuñas que a viron co móbil e que acreditaron que a condenada "se fixo co teléfono" da outra muller "e que tal conduta non tiña outro propósito que descubrir conversacións persoais e íntimas desta".

Por todo iso, a acusada foi condenada a 14 meses de cárcere, aínda que non ingresará en prisión, e a pagar así mesmo 1.500 euros por danos morais como indemnización. A sentenza fora ditada polo Xulgado do Penal número tres da Coruña e o fallo da Audiencia, posterior, admitiu tamén parcialmente un recurso presentado polo entón avogado do marido da condenada polo que tamén debe indemnizalo a el con 1.000 euros por dano morais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019