Catorce concellos da área sanitaria da Coruña están en nivel alto de restricións
Nunha fin de semana de alta ocupación hostaleira, a situación sanitaria require precaución polo aumento da taxa de incidencia acumulada na Coruña.
A cidade continúa en nivel alta de restricións e tamén cada vez máis concellos da área sanitaria, 14 en total tras sumarse Laxe, Malpica e Betanzos desde esta fin de semana, que se unen a A Coruña, Arteixo, Oleiros, Culleredo, Cambre, Sada, Betanzos, Carballo, A Laracha, Cee e Fisterra.
Contaxios que requiren limitación e prevención como a que se realiza beste autobús. Este mediodía, como nas últimas semanas, instalouse en RIazor a unidade móbil que realiza tests de antíxenos de balde e tamén facilita certificados. É un camiño da prevención en familia ou por necesidade para viaxar.
Certificados que os hostaleiros tamén prefiren manter como garantía para os seus clientes. Así se extrae da enquisa interna que hoxe realizaron entre os seus socios na Asociación provincial da Coruña.
Héctor Cañete, presidente da Asociación Provincial de Emprsarios de Hostalaría de A Coruña, desvela que máis do oitenta por cento dos hostaleiros prefiren manter a obrigatoriedade do certificado covid para interior.
O mes de agosto, as vacacións e as altas temperaturas aumentan o movemento dos cidadáns, e A Coruña vése condicionada por unha taxa de incidencia a 14 días en aumento, sendo de 719 casos por cen mil habitantes, case cinco veces máis que Santiago ou Ourense.
A hostalería mantén na Coruña o aforo ao 50% en terrazas e interior. Co ocio nocturno pechado, e horarios como máximo ata á 1. No eido particular: reunións de máximo 10 persoas en espazos abertos, e só 6 en interior. Non están autorizadas as xuntanzas de non conviventes entre a 1 e as 6 da madrugada.