CRTVG

Buscar

O lume de Vilar de Barrio calcina 500 hectáreas

Publicado o 14/09/2020 06:27
O lume de Vilar de Barrio calcina 500 hectáreas

En Vilar de Barrio arderon 500 hectáreas. Protección Civil apuntaba a última hora da noite que se continuarían realizando labores de vixilancia, pero que, en caso de non mudar demasiado a situación, non debería causar máis problemas.

Os medios de extinción de incendios traballan sen descanso desde as doce do mediodía do sábado na parroquia de Rebordechau, no concello ourensán de Vilar de Barrio. As lapas levan queimadas xa neste municipio unhas 500 hectáreas.

Na zona traballan nove axentes, 27 brigadas, 14 motobombas, dúas pas, dez helicópteros e 14 avións. Neste incendio foi onde houbo que rexistrar un ferido. É un traballador das brigadas forestais de Laza, que se queimou e tivo que ser evacuado ao hospital de Verín. O seu estado é bo, pero ten queimaduras de segundo grao nunha perna.