CRTVG

Buscar

Catoira celebra unha Romaría Vikinga atípica

Publicado o 02/08/2020 15:55

E como cada primeiro domingo de agosto Catoira debería celebrar hoxe a súa tradicional Romaría Vikinga.

A pandemia fixo que o desembarco desta popular festa, que atrae cada ano unhas 50.000 persoas, fora substituído por actividades culturais de pequeno formato. Durante toda a fin de semana, os concertos ou os pasacalles serven de alternativa a esta festa de interese turístico internacional, que conta xa con 60 anos de tradición.

Ademais, o Concello publicou un vídeo en Internet en que aparecen os viquingos e se protexen, como está establecido, con máscaras.

Noticias web

02/08/2020