CRTVG

Buscar

Cativos de Lugo imaxinan o son dos cadros do Museo Principal

Publicado o 24/03/2016 19:12

Participan no proxecto O Noso Son, que se desenvolve estes días nos museos da provincia

Malia que están de vacacións, estes cativos de Lugo representan o cadro "A escola de Doloriñas" da pintora Maruja Mallo. Os menores participan nun proxecto da rede museística de Lugo mediante o que tratan de imaxinar os sons que se poderían producir nas esceas que se recollen nos cadros. Neste caso, a aportación sonora abrangue todo o que se podía escoitar nunha escola da posguerra. Dende a toma da lección os alumnos ata os golpes na mesa coa vara e, como non, o ansiado momento de sair o patio a xogar. Consíguese así estimular a imaxinación e a capacidade de observación, achegarse a arte e coñecer a historia.

"Todos os sons e todo o proxecto xérase en directo. Os sons do mar, do vento, son xerados in situ polos participantes. Por exemplo onte, que era un cadro dun barco, creamos o son da auga, da chuvia...", explica Vázquez.

Ademais do cadro de Maruja Mallo, os cativos tamén deron a súa versión sonora sobre estoutra pintura de Xulia Minguillón na que se mesturan distintas paisaxes da provincia de Lugo. Trátase de coñecer a arte máis próxima e de achegar nocións de como era a vida na Galicia de hai 70 anos. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2016