CRTVG

Buscar

Catas, concertos e gastronomía, oferta de verán da DO do Ribeiro

Publicado o 26/06/2019 16:17

A denominación de orixe máis antiga de Galicia ofrecerá, como fai todos os veráns desde hai seis anos catas, concertos e gastronomía.

Desta vez en tres localizacións, no Naútico de San Vicente do Mar, en Nigrán e na Coruña. O Ribeiro Son de Viño é un evento que cada ano congrega máis visitantes. Eladio y los Seres Queridos, Axolotes Mexicanos, R.E.A.L., Lois, Santi Araújo e Oh! Ayatollah serán os encargados de harmonizar, coa súa música, os viños da denominación de orixe do Ribeiro.

Noticias web

26/06/2019