CRTVG

Buscar

Cataluña teme que as UCI se desborden con enfermos de covid−19 en dez días

Publicado o 18/07/2021 19:56
Cataluña teme que as UCI se desborden con enfermos de covid−19 en dez días

As Unidades de Coidados Intensivos dos hospitais cataláns continúan enchéndose de pacientes con covid−19.

Segundo a directora do Servizo Catalán de Saúde reaccionouse tarde á quinta vaga e auguran que a finais de xullo os pacientes críticos por coronavirus sexan entre 400 e 500, fronte os 297 que hai hoxe nas UCI.

Ademais, lembrou que parte do persoal sanitario está de vacacións e por tanto co incremento de casos o sistema sanitario está cada vez máis tenso. Temen que as UCI poidan desbordarse en Cataluña en tan só dez días.

Noticias web

18/07/2021