CRTVG

Buscar

Cataluña suma preto de 1.500 contaxios e tres mortos en vintecatro horas

Publicado o 25/07/2020 21:14

Cataluña informou de 1.493 contaxios novos nas últimas vintecatro horas.
As funerarias deron conta ademais de tres vítimas mortais e os hospitais, de seis ingresos en coidados intensivos. En total, as uci da comunidade atenden nestes momentos 71 infectados.
A situación incide na atención primaria e nalgúns centros hospitalarios, como o Arnau de Vilanova, en Lleida.

A Generalitat ordenou o peche durante quince días de discotecas, salas de baile e salas de festas con espectáculo en toda Cataluña e limitou o horario dos salóns de xogo, casinos e bingos.
O sector anunciou que vai recorrer contra a medida.

Os alcaldes da área metropolitana de Barcelona, onde canda outros puntos de Lleida e Xirona, tamén se limitou o horario de restaurantes e bares, están de acordo coas restricións ao ocio nocturno.
A alcaldesa de Barcelona dicía que era a primeira resolución que se debeu facer.

Se ben entenden que o goberno debe compensar o sector, como puntualizaba o alcalde de L'Hospitalet.

Os alcaldes tamén pediran que non se castigaran os sectores da cultura e do deporte e a Generalitat finalmente aceptou reconsiderar o peche que impuxera hai días a cines, teatros e ximnasios nas zonas máis afectadas polos contaxios.

Noticias web

25/07/2020