CRTVG

Buscar

Cataluña retrasa á volta aos colexios ao 11 de xaneiro pola covid

Publicado o 16/12/2020 13:00
Cataluña retrasa á volta aos colexios ao 11 de xaneiro pola covid

Cataluña apraza tres días a volta ao colexio tras as vacacións de Nadal para frear os contaxios de coronavirus. A consellería de Educación decidíu pospor o inicio do curso do venres 8 ao luns 11 de xaneiro.

Con esta medida queren rebaixar o risco de contaxio nos centros educativos ante a posible exposición ao virus.

O anuncio do Goberno catalán coincide cun empeoramento dos datos en Cataluña, que este mércores rexistrou 2.112 novos contaxios e 62 falecidos por covid

A medida xa foi trasladada aos sindicatos educativos e o conselleiro de Educación, Jospe Bargalló, e a responsable de Saúde, Alba Vergés, explicarana en conferencia de prensa.

Noticias web

16/12/2020