CRTVG

Buscar

Cataluña, Cantabria e Navarra recuperan o toque de recollida nocturno

Publicado o 16/07/2021 18:15
Cataluña, Cantabria e Navarra recuperan o toque de recollida nocturno

Cataluña, Cantabria e Navarra recuperan o toque de recollida nocturno de xeito temporal ante o aumento dos contaxios. Cento sesenta e un concellos cataláns  terán confinamento entre a unha da madrugada e as seis. En Cantabria, 53 localidades, entre elas Santander, establecen tamén o toque de recollida nocturno. Ademais, quedan prohibidas as reunións de máis de seis persoas. Navarra confina de madrugada o oitenta por cento dos concellos, os de maior incidencia. A xustiza acaba de avalar a recuperación desas medidas. Estremadura tamén o pedira, pero, de momento, só recibe o aval para facer peches perimetrais.

Noticias web

16/07/2021