CRTVG

Buscar

Cataluña quere unha lei que prohíba fumar nos coches privados

Publicado o 31/05/2019 19:06

Cataluña impulsará unha nova lei sobre adiccións, que prohibirá fumar en coches privados. Podería entrar en vigor dentro dun ano. Na norma, que prepara o Departamento de Saude da Generalitat, tamén se contemplará a prohibición de fumar en instalacións deportivas, nas paradas do transporte público e nun perímetro de cinco metros de calquera instalación sanitaria, escolar ou da administración pública. Os novos aparellos electrónicos, substitutivos do tabaco equipararanse aos produtos convencionais.



 

Noticias web

31/05/2019