O Goberno catalán di que non actuarán "con inventos pensados a 600 quilómetros"
A consellera de Saúde da Generalitat, Alba Vergés, indicou este mércores que "Madrid necesita medidas, reducir a mobilidade e rebaixar a curva, e non pactos políticos que se converten nun 'café para todos'".
Escribiuno nun chío despois de saber que o Ministerio de Sanidade lles propoñerá hoxe a todas as comunidades autónomas no Consello Interterritorial de Saúde medidas de limitación da mobilidade, de capacidades e horarios e mellora de recursos, naquelas cidades de máis de 100.000 habitantes de toda España cunha alta incidencia da pandemia.
Madrid necessita mesures, reduir la mobilitat i rebaixar la corva; i no pactes polítics que es converteixen en un ‘cafè para todos’. Nosaltres sempre actuarem coneixent la realitat i no amb invents pensats a 600 quilòmetres per baralles entre el PP i el PSOE https://t.co/UnhHaLuKB5
— Alba Vergés Bosch