Cataluña inicia a reapertura da hostalería, mentres as comunidades debaten que facer co Nadal
Despois de 40 días pechados, ou servindo para levar, bares e restaurantes de Cataluña volven levantar a persiana. Cunha capacidade do 30 por cento en interiores, ao cen por cento en terrazas e con horario de peche ás nove e media da noite. Tamén regresa a actividade cultural.
A Comunidade de Madrid levanta restricións en sete zonas, pero confina dende hoxe seis novas áreas de saúde, entre elas La Moraleja, en Alcobendas, un dos barrios máis ricos de España.
O Goberno madrileño estuda permitir excepcións nas reunións familiares e no toque de queda con vistas ao Nadal.
O Goberno andaluz anunciará o nove de decembro as medidas para o Nadal, coa vista posta nunha apertura da mobilidade. Ata daquela, a comunidade prorroga o peche perimetral e o toque de queda ás dez da noite.