Cataluña estuda excluír os nenos no cómputo de limitacións nas ceas do Nadal
Publicado o 28/11/2020 20:18

Cataluña, igual ca outras comunidades, tamén estuda a posibilidade de excluír os nenos do cómputo para as limitacións de persoas que se poden reunir nas ceas do Nadal.
O Goberno catalán valora xunto cos técnicos de sanidade esa opción, tendo en conta -din- que se ten constatado a baixa capacidade de contaxio dos máis pequenos. Aínda así, lembran que estas festas serán moi diferentes ás doutros anos e que a prioridade é evitar unha terceira vaga.
Cataluña rexistrou este sábado unha leve melloría nos datos da covid-19, malia sumar algo máis de 1.500 contaxios e 61 falecementos.
Máis sobre actualidade
21/01/2021 16:51