CRTVG

Buscar

Cataluña, a piques de adiar as eleccións

Publicado o 15/01/2021 09:58
Cataluña, a piques de adiar as eleccións

Hoxe imos coñecer a decisión sobre as eleccións catalás. Pero todo indica que se van adiar tras o cambio de postura dos socialistas. 

O PSC presentará unha proposta para celebralas en marzo, en todo caso sempre antes da Semana Santa. Agora están fixadas para o 14 de febreiro.

O Govern da Generalitat e os partidos cataláns comparten a idea de que os comicios deben de aprazarse.

Ata o momento os socialistas estiveron en contra e incluso ministros desa formación, como o de Transportes e o de Xustiza, expresaron dúbidas sobre a legalidade dun cambio de data que xa se fixo en Euskadi e aquí, en Galicia. 

Noticias web

15/01/2021