Castroverde rexista a maior incidencia de toda Galicia
Día bastante desapracible en Castroverde. Polas rúas apenas se vía algún que outro peregrino e iso que o Camiño empezaba a dar xa mostras da súa reactivación. A nova dos contaxios nótase.
"Si que se nota aquí no pobo pero somos todos unha piña e estamos unidos", apunta Cristina Cabana, hostaleira.
"Dende o venres se está facendo un cribado e está indo a cousa ben, levamos máis de 300 persoas ou 400 xa e polo que oigo están saíndo negativos todos", informa Xosé Mª Arias, alcalde de Castroverde. Unha celebración familiar foi o desencadeante do gromo.
Os veciños amósanse optimistas coa decisión que mañá se poida tomar. Cando un 57% dos concellos de Lugo respiran porque non rexistran novos positivos, Castroverde dálle a benvida ao verán coa incidencia máis alta de toda Galicia.