CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Castroverde instalará medidores de gas radón ante o aumento dos casos de cancro

Publicado o 03/07/2018 21:13



O gas radón está detrás de moitos casos de cancro, e o aumento de casos desta enfermidade levou o concello de Castroverde a instalar medidores deste gas en varios puntos da localidade. O estudo durará tres meses e pretende detectar as zonas de incidencia alta e, sobre todo, propoñer solucións para eliminar riscos.


Algunhas zonas de Galicia e o norte de Castela León sofren rexistran unha presenza de gas radón máis alta da media. Un gas que está detrás de moitos casos de cancro de pulmón. Alertado polo aumento de afectados, o concello de Castroverde decidiu instalar medidores de radón. Estarán no propio concello, nun colexio e nunha vivenda situada nunha zona granítica para detectar se os niveis superan o límite.

As medicións vanse prolongar por espazo de tres meses para estudar os distintos niveis de radón en función do clima. Unha vez analizados os datos chegarán as conclusións, e o concello estuda mesmo organizar charlas para informar aos veciños das solucións que se poden adoptar nas casas para que este gas non supoña un risco.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

03/07/2018