CRTVG

Buscar

Castropol non participou na Bandeira Cidade de Narón por un contacto cun positivo

Publicado o 01/08/2020 20:03

Puebla levou a vitoria na Liga Galega B de Traiñeiras


E esta tarde celebrouse a segunda edición da Bandeira Cidade de Narón, da liga Galega B de traíñas.

A proba disputouse en formato de contra o reloxo na baliza tres porque non todos os carreiros tiñan o calado mínimo esixible. E coa ausencia de Castropol, que renunciou a participar porque un dos seus remeiros estivera en contacto cun positivo por COVID-19. Malia o negativo no test rápido, o conxunto asturiano prefereiu non competir por responsabilidade. Así que só remaron cinco traiñeiras e Chapela quedou fóra de regata por entrar mal na meta. O triunfo, unha vez máis foi para Puebla, que entrou con case 20 segundos de vantaxe sobre Cesantes. Puebla lidera tamén a clasificación xeral da liga B con 24 puntos, 8 máis que Cesantes.

Noticias web

01/08/2020