CRTVG

Buscar

Castro de Rei contará nos vindeiros meses cun centro pioneiro en trastorno dual

Publicado o 14/06/2019 16:05

A Xunta financiará con 400.000 euros as dezaseis prazas

A residencia, autosuficiente en enerxía e domotizada, está construída en módulos para ir aumentando o seu tamaño en función da demanda. Aquí terán atención especializada persoas con trastorno dual, é dicir cunha discapacidade e un trastorno psiquiátrico, ou cunha patoloxía dual, que son os drogodependentes con trastornos psiquiátricos.

"Agardamos poder abrir en breve estas novas instalacións e ter dezaseisoprtunidades máis para doentes de toda Galicia", segundo o presidente da Fundación de Dano Cerebral.

Alberto Núñez Feijóo explicou que as primeiras dezaseis prazas deste centro pioneiro estarán financiadas con 400.000 euros de fondos públicos.

"É un exemplo de colaboración entre os que o saben facer e os que temos a responsabilidade de axudar dende o punto de vista financeiro a estes centros que son intensos en investimento e tamén en mantemento ordinario", di Feijóo.

A Xunta, destacou o presidente, destina este ano 106 millóns de euros á discapadidade e financia 5.400 prazas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/06/2019