CRTVG

Buscar

Castro de Rei produce carne 'halal', permitida para os consumidores musulmáns

Publicado o 07/06/2018 15:46

O sector cárnico galego gaña novos mercados grazas a empresas como a que acaba de abrir no concello lugués de Castro de Rei, que conta coas certificacións para producir carne coas garantías que esixen os consumidores musulmáns.

Os países islámicos e a zona do Caribe son os principais mercados da carne que envasa esta empresa que acaba de abrir no concello lugués de Castro de Rei. O 80 por cento da súa produción vai destinada á exportación. Aquí se despezan e conxelan carnes de vacún maior e ovino que contan coa certificación 'halal', o que supón o cumprimento das garantías que esixen os consumidores musulmáns. 

Contan con 25 traballadores, que polo de agora despezan unhas 200 cabezas de vacún e 3.000 de ovino á semana. A curto prazo agardan abrir novos mercados e emprender novas liñas de produción.

Megaro Foods comprou as instalacións que ocupou ata a súa desaparición a cooperativa Artesanos gallegos de la carne.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/06/2018