CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Castrelo de Miño, o primeiro concello galego Cidade Amiga da Infancia

Publicado o 17/10/2016 21:01
O concello ourensán de Castrelo de Miño convértese hoxe no primeiro de Galicia distinguido como Cidade Amiga da Infancia.

O recoñecemento, que outorga UNICEF, manterase ata o ano 2020. Foi este luns cando se fixo pública a resolución que recoñece o traballo dos municipios a favor dos dereitos da infancia e da adolescencia. O programa Cidades Amigas da Infancia pretende impulsar a aplicación da convención sobre os dereitos dos nenos e nenas no ámbito local e promocionar a súa participación nos temas que lles afectan, en definitiva, segundo UNICEF, fomentar políticas públicas eficaces para o benestar dos cativos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí