CRTVG

Buscar

'Castillo, escultor' é a primeira mostra de Jorge Castillo, un dos nosos artistas máis internacionais

Publicado o 20/10/2021 21:45

Naceu en Pontevedra en 1933 pero pronto emigrou coa súa familia cara á Arxentina. As súas pinturas percorreron os museos máis importantes do mundo desde Nova York a Berlín ou París. Pero as figuras escultóricas quedaron en plano secundario de cara ao público, pero non para o artista que seguiu traballando sempre en paralelo.

A escultura é a súa faceta máis descoñecida que nos permite afondar no seu proceso artístico. Define as súas pezas a través das liñas e do baleiro, explorando diferentes técnicas ao longo de máis de medio século. A esencia do ser humano é un continuo durante a súa carreira, nunhas obras que parten das emocións.

Cóntanos que a escultura leva consigo un proceso de creación moi complexo que require dun tempo de maduración. Agora a colleita está lista para que o público poida facer a cata escultórica dun dos nosos artistas máis internacionais.

Noticias web

20/10/2021