Castela e León levanta o peche interprovincial
Publicado o 18/02/2021 13:23

A Xunta de Castela e León acordou este xoves deixar sen efecto o peche perimetral provincial que rexía dende o pasado 15 de xaneiro pero mantén as restricións de mobilidade a nivel autonómico. Do mesmo xeito, elimina o tope máximo de 25 fieis nos espazos relixiosos e permite que se ocupe un terzo da súa capacidade.
Estas medidas de desconfinamento anunciounas o vicepresidente e voceiro do Goberno autonómico, Francisco Igea, na conferencia de prensa posterior ao Consello de Goberno.
Na reunión do executivo, o presidente autonómico, Alfonso Ferández Mañueco, asinou o novo ordenamento de alivio das restricións.