CRTVG

Buscar

Casemiro emerxe con dous goles que afunden o Sevilla

Publicado o 18/01/2020 19:00

Dous goles do brasileiro Casemiro déronlle o triunfo ao Real Madrid diante do Sevilla (2-1). O partido estivo marcado pola polémica no primeiro tempo cun gol anulado a Luuk De Jong. Na segunda parte Casemiro adiantou o Real Madrid. Deseguido empatou o Sevilla cun tanto do holandés ao que sí lle deron validez. Pero Casemiro volveu emerxer para cabecear o definitivo 2-1.

O director deportivo do Sevilla, Monchi, realizou unhas duras declaracións contra o árbitro do partido e contra o VAR asegurando que "tería retirado o seu equipo do campo se nos chegan a anular o gol da segunda metade".

Noticias web

18/01/2020