CRTVG

Buscar

Case unha trintena de provincias en alerta

Publicado o 07/01/2019 14:53

Mañá moi xélida en polo menos 28 provincias de dez comunidades autónomas. Todas están hoxe en alerta por avisos amarelos ou laranxas. As xeadas son xeneralizadas e nalgúns lugares de Castela-León está previsto que se rexistren as temperaturas máis baixas, de ata menos oito graos.

En Xirona, en Tarragona e nas illas Baleares hai alerta por refachos fortes de vento e ondas que acadarán entre os tres e os catro metros de altura.

As alertas continuarán porque a vaga de frío que golpea a península está previsto que se prolongue durante toda a semana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2019