CRTVG

Buscar

Case un 70% de mulleres acapara os premios Fin de Carreira 2017

Publicado o 01/03/2019 15:31

Hoxe celebrouse en Santiago o acto de entrega dos Premios Extraordinarios Fin de Carreira correspondentes ao curso 2016/2017. Foi un recoñecemento ao traballo dos 68 estudantes máis brillantes do sistema universitario galego. A este acto, ademais dos reitores das tres universidades, asistiu tamén a conselleira de Educación, quen aproveitou o evento para falar dun novo plan para evitar a fuga de talentos.

Emocionada recordaba a conselleira cando recibiu o seu premio fin de carreira. Hoxe foi ela quen os outorgou. Pasaron 24 anos e nada cambiou. A homenaxe é para os universitarios máis brillantes, para os mellores expedientes académicos, para os que superaron un 8,5 de media.

Foron 68 galardoados, a maioría mulleres e por segundo ano consecutivo foi unha matemática a que conseguiu a mellor nota. Ninguén lles regalou nada, gañaron este premio co seu esforzo, se cadra por iso lles sabe tan ben.







 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/03/2019