CRTVG

Buscar

Case todos os evacuados polo incedio forestal de Gran Canaria regresaron aos seus fogares

Publicado o 23/08/2019 14:12

Os medios aéreos e terrestres que traballan na extinción do grande incendio forestal de Gran Canaria continúan remollando a zona afectada para evitar que as lapas se reaviven. As preto de 10.000 persoas evacuadas pola ameaza do lume puideron regresar xa ás súas casas.

Cando aínda non se deu por controlado o incendio que nunha semana queimou o 8% da superficie da illa de Gran Canaria, os medios aéreos e terrestres despregados na zona afánanse en evitar que as lapas poidan reavivarse.

Os avións e helicópteros continúan unha xornada máis descargando auga sobre o terreo afectado.

As preto de dez mil persoas evacuadas foron regresando progresivamente aos seus fogares. Os únicos que aínda non teñen o permiso das autoridades para regresar son os veciños de tres pequenos núcleos de Agaete e San Mateo, por problemas nos accesos.

Aos traballos de extinción non axudarán as altas temperaturas previstas para este venres en todo o arquipélago e que na illa de Gran Canaria poderían superar os 38 graos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019