CRTVG

Buscar

Case quince millóns de persoas en España teñen xa a dose completa da vacina contra a covid−19

Publicado o 23/06/2021 08:26
Case quince millóns de persoas en España teñen xa a dose completa da vacina contra a covid−19

Preto da terceira parte da poboación española recibiu a dose completa da vacina contra a covid−19. Nesa situación están a día de hoxe preto de quince millóns de cidadáns, segundo datos do Ministerio de Sanidade. En toda España inxectáronse case trinta e sete millóns de doses de Pfizer, Moderna, AstraZeneca e Janssen, que supoñen case o noventa por cento das distribuídas desde o Goberno central a todas comunidades autónomas.

Noticias web

23/06/2021