CRTVG

Buscar

Case o 80% dos titulados galegos segue traballando tres anos despois do máster

Publicado o 29/11/2019 15:03

O informe analiza as enquisas realizadas a preto de 1.900 titulados que remataran estudos tres anos antes nas universidades galegas. Case un oitenta por cento estaban traballando, máis da metade nun emprego relacionado co máster que cursou. Baixa o tempo en que atopan o seu primeiro emprego, fundamentalmente en Galicia. Tardaron de media sete meses. Gañan, tamén de media 1.263 euros.

O director da Axencia, José Eduardo López, explica que "estamos a falar case dun primeiro emprego. Espero que algún día se poida facer un estudo para coñecer a evolución desta xente que empezou aos tres anos con este salario e ver dentro de vinte onde están. Sería significativo para coñecer a importancia da educación universitaria".

A fenda salarial redúcese. Con todo, as mulleres seguen cobrando de media 225 euros menos que os homes. Os mellores resultados están nas ramas de Enxeñería, Arquitectura, Ciencias Sociais e Xurídicas e Ciencias da Saúde. Máis da metade dos enquisados, fixeron o máster para especializarse no mercado de traballo e tres cuartas partes din que volverían realizarlo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/11/2019