CRTVG

Buscar

Fin de semana de sorte: case dous millóns de euros na lotaría en Vigo e Pontevedra

Publicado o 20/06/2021 14:10

A sorte atopou pechada esta administración de Pontevedra na céntrica rúa Joaquín Costa nas proximidades da policía nacional e do hospital provincial.

Nin sequera ten o rótulo do premio de primeira categoría da lotaría primitiva selado aquí. O seu propietario gañou 734.000 euros. Máis sorte tivo o que selou a bonoloto neste establecemento hostaleiro da rúa Torrecedeira de Vigo, fíxose cun máis dun millón trinta mil euros. Na rúa, nin rastro do propietario do local ou do boleto.

Do outro lado da rúa fan cábalas do que poderían facer cos cartos. Esta zona de Vigo é tamén de moito tránsito xa que conta con dúas escolas universitarias e un instituto. O número selado aquí presenta a particularidade de contar con varias cifras consecutivas o 27-28 e o 32-33.

Noticias web

20/06/2021