A metade das residencias de maiores non están preparadas para a segunda vaga
Case a metade das residencias de anciáns non están preparadas para a segunda vaga do coronavirus. É unha das conclusións dun estudo do sector da enfermería. Nesta pandemia morreron uns 20.000 residentes nestes centros sociosanitarios.
A Mesa da Profesión Enfermeira solicita unha auditoría independente e que se establezan protocolos para a apertura dos centros porque, segundo din, a inmensa maioría non piden formación específica aos profesionais.
Florentino Pérez Raya, presidente do Consello Xeral de Enfermería: "No ámbito sociosanitario, cóntase con persoal pouco especialista. Entendemos que se contrata o primeiro que aparece e, desde logo, temos que reivindicar que as contratacións, na súa maioría, deben ser de persoal que teña unha especialidade ou que teña coñecementos de enfermería xeriátrica".